Thursday 02 de May de 2024

Miño instalou un posto de concienciación ambiental dirixida aos usuarios dos areais


Onte o Concello de Miño instalou, na praia Grande pola mañá e na de Perbes pola tarde, un posto de concienciación ambiental dirixida aos usuarios dos areais miñenses sobre a importancia de mantelas limpas, recoller o lixo que cada un xera e depositalo no contenedor correspondente.

O lema foi “Que a única pegada nas nosas praias sexa a dos teus pés” e repartíronse diferentes regalos para maiores e pequenos: folletos, mochilas, lapiceiros… Tamén se aproveitou a ocasión para facer enquisas de satisfacción das praias do municipio.